Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25723

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 444/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo da clase procedemento ordinario baixo o número 444/2019, en que figura como interveniente Colegio Juniors, S.L., no cal se sinalou conciliación e/ou xuízo para o día 4.6.2021 ás 10.25 e 10.30 horas, respectivamente.

Atopándose a dita parte en paradoiro descoñecido, expídese o presente, cumprindo o disposto na Instrución 6/12, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza