Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25724

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (474/2019).

Eu, María Iria Roman Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo da clase procedemento ordinario, seguido baixo o número 474/2019, no cal figura como interveniente Colegio Juniors, S.L., no cal se sinalou conciliación e/ou xuízo para o día 4 de xuño de 2021, ás 11.25 e 11.30 horas, respectivamente.

Atopándose a dita parte en paradoiro descoñecido, expídese o presente, cumprindo o disposto na Instrución 6/12 da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva de notificación en forma deste.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2021

A letrada da Administració de xustiza