Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25445

V. Administración de xustiza

Xulgado Mercantil 6 de Madrid

EDICTO (PO 147/2018).

María Jesús Palmero Sandín, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Mercantil número 6 de Madrid, dá fe de que neste xulgado se seguen autos de procedemento ordinario 147/2018 entre Remica, Sociedade Anónima e Fausto Brocco, en cuxos autos se ditou sentenza, con data do 3 de febreiro de 2021, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Que, estimando integramente a demanda interposta por Remica, Sociedade Anónima, debo condenar e condeno a Fausto Brocco a aboar á parte demandante a cantidade de 401.633,13 euros, máis os xuros dende a interposición da demanda.

Impóñense as custas ao demandado.

Notifíquese esta sentenza ás partes, e advírtese de que contra esta poderán interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días, que resolverá a Audiencia Provincial de Madrid.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

En atención ao descoñecemento do actual domicilio do demandado Fausto Brocco e de acordo co disposto no artigo 497.2 da Lei de axuizamento civil, acordouse notificar a citada resolución mediante edicto no Boletín Oficial da Comunidade Autónoma de Galicia, así como nun xornal da provincia de Pontevedra.

O texto completo da resolución que se notifica está á disposición do interesado na secretaría deste tribunal.

Madrid, 10 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza