Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 20 de maio de 2021 Páx. 24893

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para a creación de bolsa de solo urbanizable no lugar de San Xulián-Sarria (expediente 1598/2019).

O Concello Pleno en sesión ordinaria desenvolvida o 25 de febreiro de 2021, acordou prestar aprobación inicial á modificación puntual das NSP para a creación de solo urbanizable en San Xulián da Veiga formulada polo Concello de Sarria, segundo a documentación técnica redactada por Monsa Urbanismo, S.L., e subscrito polos arquitectos Mario Iglesias Rodríguez, Cristina Aguado López e o enxeñeiro agrónomo Rubén Cobas Fernández.

En cumprimento do disposto no artigo 60 da LSG e 144.6 do seu regulamento de desenvolvemento, o citado documento, xunto coa demais documentación integrante do expediente, sométese a información pública polo prazo de dous meses, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por este poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Notificarase individualmente o acordo de aprobación inicial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados que figuran no plano 1.15 de información de parcelario catastral desta modificación.

Así mesmo, este anuncio serve de notificación para as parcelas con titulares catastrais descoñecidos ou para aqueles titulares dos cales se descoñece o seu enderezo.

De conformidade co previsto no artigo 47.2 da LSG, o acordo de aprobación inicial dos instrumentos de planeamento urbanístico determina a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento no caso no que as novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. Para estes efectos, determínase expresamente que a área afectada pola suspensión é a comprendida dentro do ámbito do propio documento sometido a aprobación inicial. A suspensión de licenzas terá unha duración máxima de dous anos contados desde a aprobación inicial, e extínguese, en calquera caso, coa aprobación definitiva.

A totalidade do documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na oficina técnica municipal das 9.00 ás 14.00 horas, presencialmente, mediante cita previa que se poderá obter na sede electrónica do Concello (sede.sarria.es) ou telefonicamente no 982 53 50 00, ou tamén de xeito telemático e mediante acceso á sede electrónica do Concello de Sarria, na seguinte ligazón: https://sarria.sedelectronica.es/transparency/ffc63 ff3-0374-4 f00-8603-5 eb04a84 ef3y/.

Sarria, 27 de abril de 2021

Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde presidente