Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 20 de maio de 2021 Páx. 24889

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO do acordo de suspensión cautelar de planeamento de desenvolvemento, instrumentos de xestión e de execución urbanística no ámbito do EL-4 non obtido polo concello (631/2021/85).

O Pleno do concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o 6 de maio de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. No marco da modificación puntual do PXOM da norma zonal nº 8 relativa a equipamentos, proceder ao estudo e á análise da posible modificación da cualificación urbanística dos espazos cualificados como EL-4 non obtidos polo Concello da Coruña, para os efectos de determinar a asignación do uso do solo que mellor cumpra as finalidades do principio de desenvolvemento territorial e urbano sustentable, ponderando a necesidade da execución de aparcamentos no dito espazo ou outros usos adecuados.

Segundo. Aprobar a proposta de suspensión cautelar de tramitación de instrumentos de planeamento, xestión do solo, incluídos os de expropiación forzosa, execución material e licenzas no ámbito grafado que se xunta ao presente acordo e nas seguintes parcelas catastrais: 9102032NJ4090S e 9102034NJ4090S.

Así mesmo, as parcelas obxecto deste acordo de suspensión que non contan con referencia catastral son as delimitadas no plano que se xunta a este acordo.

Xúntase a este acordo a delimitación do ámbito de suspensión grafada no plano que se achega, así como o resumo executivo.

A duración máxima do acordo de suspensión será dun ano.

Sen prexuízo do anterior, a dita medida cautelar poderá ser obxecto de levantamento no marco da tramitación da modificación puntual.

A suspensión non afectará os usos e actividades sinalados no artigo 86.3 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que foi aprobado o regulamento da Lei do solo.

Terceiro. Publicar o acordo de suspensión no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, así como na sede electrónica do concello.

Cuarto. Notificar este acordo aos departamentos municipais implicados na execución do planeamento».

Contra este acordo cabe interpoñer, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso potestativo de reposición ante o órgano que o ditou, no prazo máximo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

O plano e o resumo executivo a que fai referencia o acordo pódense descargar da páxina web de Urbanismo www.coruna.gal/urbanismo na epígrafe «Exposición pública».

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 10 de maio de 2021

A alcaldesa
P.D. (Dispositivo terceiro, letra e), do Decreto 3847, do 27.6.2019)
Juan Manuel Díaz Villoslada
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda,
Infraestruturas e Mobilidade