Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 20 de maio de 2021 Páx. 24886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 4 de maio de 2021 polo que se notifica a resolución do acordo de execución subsidiaria da orde de demolición, derivada do expediente SIL/127/2012.

O 12 de abril de 2021, o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou resolución de acordo de execución subsidiaria no expediente SIL/127/2012, tramitado pola construción dunha edificación para uso residencial e de varias construcións auxiliares e soleiras, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre e carecendo da perceptiva autorización, no lugar de Castros, concello de Miño.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a Paloma Naranjo Morodo, mediante o presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística