Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 20 de maio de 2021 Páx. 24833

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 44/2021).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 44/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mohammad Al Amin contra a empresa Abdus Khatun Abul Kazal, sobre ordinario, se ditou, no día da data, dilixencia de ordenación e auto en que se despacha execución impugnables en reposición no prazo de tres días, e decreto impugnable en revisión no prazo de tres días, que se encontran á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Abdus Khatun Abul Kazal, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 23 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza