Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 20 de maio de 2021 Páx. 24834

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 41/2021).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 41/2021 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Susana Rodrigues Vega contra a empresa Susana Montenegro Portugal, sobre ordinario, se ditaron:

Auto en que se despacha execución con data do 23 de abril de 2021, impugnable en reposición no prazo de tres días, o cal se atopa á súa disposición na sede do xulgado.

Dilixencia de ordenación con data do 23 de abril de 2021 e decreto con data do 26 de abril de 2021, impugnables en revisión no prazo de tres días, os cales se atopan á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Susana Montenegro Portugal, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 26 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza