Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 19 de maio de 2021 Páx. 24640

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 423/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 423/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Lois Romero contra Three Compliance, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que, admitindo parcialmente a demanda interposta por Ana María Lois Romero contra Three Compliance, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar á demandante a suma de 1.482,39 euros brutos –analizados polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta sentenza–, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; e condeno así mesmo a demandada ao aboamento das custas procesuais, incluídos os honorarios da letrada da parte demandante, que se fixan no importe de 200 euros.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e debe observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso.

E para que sirva de notificación na forma legal a Three Compliance, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza