Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 18 de maio de 2021 Páx. 24393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 21 de abril de 2021 polo que se notifica a resolución do procedemento de reintegro e da perda do dereito ao cobramento da subvención para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e logo de varios intentos de notificación por correo postal certificado que foron infrutuosos, ademais da súa posta á disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia, notifícaselle á persoa que figura no anexo a resolución do procedemento de reintegro e perda do dereito ao cobramento, ditada pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) sitas na rúa Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada no procedemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que a dita resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE. Non obstante, previamente poderá interpoñer recurso de reposición ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente

NIF

Acto notificado

15/50080/16

32700997B

Resolución procedemento de reintegro