Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 18 de maio de 2021 Páx. 24345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Meaño (expediente IN407A 2020/201-4).

Feitos:

Primeiro. O 11 de novembro de 2020, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada Reforma LMT VLG803 na derivación ao CT Abuín 2 e CT Abuín.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade a substitución do apoio HV-630/13 por un apoio C-1000/16 no circuíto aéreo da liña de media tensión VLG803. Desde o apoio existente HV-630/15 téndese un novo van. As obras sitúanse no lugar da Eirexe, na parroquia de Dena, no concello de Meaño (Pontevedra).

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas que non emitiron ningún condicionado ao respecto.

Terceiro. Mediante escrito do 2 de decembro de 2020, esta xefatura territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica referida ás persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

Cuarto. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 16 de novembro de 2020 publicada nos seguintes medios:

DOG: 29 de decembro de 2020.

BOPPO: 23 de decembro de 2020.

Xornal Faro de Vigo: 15 de novembro de 2020.

Taboleiro de anuncios do Concello de Meaño, do 7 de decembro de 2020 ao 20 de xaneiro de 2021, conforme certificado expedido polo propio Concello.

Durante o mencionado trámite, recibíronse as alegacións presentadas por Susana Rey Padín. A continuación resúmese o seu contido:

Alega a súa condición de herdeira de Manuel Rey Pérez.

As coordenadas indicadas no proxecto sitúan o novo apoio na cartografía catastral sobre a parcela 61 do polígono 21 e non sobre a parcela 60 de polígono 21 como afirma o proxecto.

A substitución do apoio supón unha agravación da servidume existente por afectar claramente o viñedo que a ocupa. Ademais, esta afección sobre o viñedo non está recollida na relación de bens e dereitos afectados, o que provoca o incumprimento do establecido no artigo 143.3.e) do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Propón a posibilidade de situar o novo apoio na zona da parcela máis próxima ao apoio existente que non presenta plantación de viñedo.

Quinto. As alegacións presentadas foron trasladadas á empresa promotora. A continuación resúmese a contestación de UFD Distribución Electricidad, S.A.:

Declara que se actualizou a relación de propietarios, bens e dereitos afectados pola liña de referencia, e que a titularidade da parcela nº 1 queda a nome de herdeiros de Manuel Rey Pérez.

O 26 de febreiro de 2021, persoal técnico de UFD desprazouse ata a parcela afectada para realizar as medicións pertinentes e esclarecer as discrepancias entre o plano do proxecto e a cartografía catastral. A raíz destas comprobacións, UFD declara que o plano presentado no proxecto está correcto e o apoio está localizado na parcela con referencia catastral 36027A021000600000MT.

A parcela encóntrase afectada polo voo da liña de media tensión e polo apoio que se proxecta retirar. O apoio proxectado que substituirá o que será retirado ocupa unha superficie de 1,69 m2 que non impide o desenvolvemento dos traballos do viñedo.

A solicitude de declaración de utilidade pública realizouse de acordo co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Sexto. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial, á vista da documentación contida no expediente, emitiron informe favorable sobre a solicitude de autorización e declaración de utilidade pública.

Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 230/2020, do 23 de decembro, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG nº 5, do 11 de xaneiro de 2021) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación a este expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro. As características técnicas máis salientables do proxecto Reforma LMT VLG803 na derivación ao CT Abuín 2 e CT Abuín, para a cal UFD Distribución Electricidad, S.A. solicita a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública, son:

LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-56, de 154 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente HV-630/15 da LMT VLG803, no tramo VLG8036295, e final no apoio proxectado C-1000/16 que substitúe o HV-630/13.

A instalación está situada no lugar da Eirexe, Dena, concello de Meaño (Pontevedra).

Cuarto. Con respecto ás alegacións presentadas, visto o contido destas e as respostas da promotora, exponse o seguinte:

A promotora, a raíz das alegacións presentadas por Susana Rey Padín, achega unha modificación da relación de bens e dereitos onde a parcela nº 1 pasa a ser de titularidade dos herdeiros de Manuel Rey Pérez.

Con relación ás discrepancias entre o plano do proxecto e a cartografía catastral, conforme a documentación achegada pola empresa promotora, o apoio encóntrase na parcela de referencia catastral 36027A021000600000MT.

En relación co cambio de apoio, Susana Rey Padín non xustifica o cumprimento conxunto dos puntos do artigo 161 (limitacións á constitución de servidume de paso) do Real decreto 1955/2000.

En canto ao valor das afeccións, o titular concretará o valor que considere do obxecto que se expropia na presentación da folla de valoración por requirimento desta xefatura territorial conforme a Lei de 16 de decembro de 1954 sobre a expropiación forzosa.

Conforme todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgarlle á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Reforma LMT VLG803 na derivación ao CT Abuín 2 e CT Abuín (expediente IN407A 2020/201-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. Deberanse cumprir en todo momento as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 23 de abril de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 230/2020, do 23 de decembro;
DOG nº 5, do 11.1.2021, arts. 36.3 e 37.1)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial