Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 14 de maio de 2021 Páx. 24069

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribadavia

EDICTO (116/2017).

Sentenza: 13/2020.

Neste órgano xudicial tramítase procedemento ordinario 116/2017, seguido por instancia de Román Blanco Reinosa, contra Pedro Pereira Borrajo Cervantes, Manuel Pereira Borrajo Cervantes, Beatriz Pereira Borrajo Cervantes, Ana Pereira Borrajo Cervantes, Marta Pereira Borrajo Rey, Gonzalo Pereira Borrajo Rey, Enrique Pereira Borrajo Rey, comunidade hereditaria de Manuel Pereira Borrajo García e Ana María Cervantes Pereira, comunidade hereditaria de Enrique Pereira Borrajo Cervantes, sobre procedemento ordinario, nos que, por Resolución de data do 12.4.2021, se acordou a publicación da sentenza ditada no presente procedemento en extracto nese diario, cuxo contido é o que segue:

«Sentenza.

Ribadavia, 14 de febreiro de 2020.

Vistos por min, Gloria Mª Corral de Burgos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 dos desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo ordinario 116/2017, seguidos por iniciativa de Román Blanco Reinosa representado polo procurador Sr. Pérez Rivas e asistido polo letrado Sr. Benito Gutiérrez, fronte a Ana Mª Pereira Borrajo Cervantes, representada pola procuradora Sra. Novoa Aira e asistida pola letrada Sra. Feijóo Francisco, fronte a Gonzalo Pereira Borrajo Rey, representado polo procurador Sr. Meréns Ribao e asistido pola letrada Sra. González Fidalgo, fronte a Enrique Pereira Borrajo Rey, representado polo procurador Sr. González Neira e asistido polo letrado Sr. Domínguez Lorenzo, fronte á comunidade hereditaria de Manuel Pereira Borrajo García e Ana María Cervantes Pereira, fronte a Pedro Pereira Borrajo Cervantes, fronte a Manuel Pereira Borrajo Cervantes, fronte a Beatriz Pereira Borrajo Cervantes, fronte a Marta Borrajo García, e fronte á comunidade hereditaria de Enrique Pereira Borrajo Cervantes.

Decido:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola representación procesual de Román Blanco Reinosa fronte a Pedro Pereira Borrajo Cervantes, Manuel Pereira Borrajo Cervantes, Beatriz Pereira Borrajo Cervantes, Ana Mª Pereira Borrajo Cervantes (Ana Mª Griffiths), comunidade hereditaria de Manuel Pereira Borrajo García e Ana María Cervantes Pereira, Marta Pereira Borrajo Rey, Gonzalo Pereira Borrajo Rey, Enrique Pereira Borrajo Rey, comunidade hereditaria de Enrique Pereira Borrajo Cervantes.

Condénase a todos os demandados de forma solidaria, a realizar e executar á súa custa na leira descrita no feito 2º de demanda e no prazo de tres meses desde a firmeza da presente resolución, os traballos relacionados no feito terceiro da demanda especificados no plano de situación, emprazamento e informe elaborado por Griselda Hernández Nores e Miriam González Losada, que consta en autos como documento nº 8 de demanda, debéndose axustar as ditas obras ás matizacións respecto diso que recolle o perito xudicial Sr. Abelairas Rey no seu informe pericial xudicial xunto coas obras para maior abastanza que o devandito último perito entenda necesarias en tal informe, todo iso para a utilización segura da servidume de paso, evitar perigos para viandantes e propiedade do demandante, así como que para que este último poida usar e gozar da súa propiedade sen risco nin perigo ningún, poñéndose así fin á situación de ruína na propiedade dos demandados e ao perigo, así como aos danos e perdas que se lle están causando ao demandante.

Condénanse en custas expresamente e de forma solidaria os demandados.

Esta resolución non é firme e contra esta cabe interpoñer perante este xulgado recurso de apelación no prazo dos 20 días seguintes ao da notificación desta resolución, recurso do que coñecerá a Audiencia Provincial de Ourense.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes. Inclúase a presente no libro de sentenzas poñendo nas actuacións certificación desta.

Así, por esta, a miña sentenza pronúncioa, mándoa e asínoa, Gloria María Corral de Burgos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribadavia e o seu partido xudicial. Dou fe».

Ribadavia, 13 de abril de 2021

Lorena García López
Letrada da Administración de xustiza