En sesión ordinaria do Pleno do Concello das Pontes de García Rodríguez, do 5 de maio de 2021, aprobouse definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para destinar unha parcela de solo rústico a equipamento sanitario asistencial de carácter privado (residencia de saúde mental), que promove a Asociación de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal (CIF núm. G15524614), segundo a documentación que se presentou no concello en data 24.3.2021 (RE sede núm. 816 e seguintes) e 12.4.2021 (RE sede núm. 1021), que asina o arquitecto Felipe Picos Brage, colexiado núm. 1741 do COAG, e que se rexistrou no COAG en data 25.2.2021.
As medidas preventivas que se propoñen para corrixir os efectos negativos no medio ambiente enuméranse na epígrafe 11 do texto do plan.
O contido íntegro do Plan especial estará á disposición do público no portal de transparencia da sede electrónica do concello (https://sede.aspontes.org/opencms/gl/portal_transparencia/).
Contra este acordo pódese interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia, e artigo 201.1 do regulamento de desenvolvemento da citada lei) no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.
As Pontes de García Rodríguez, 6 de maio de 2021
O alcalde
P.D. (Decreto 993/2019, do 24 de xuño; BOP núm. 121, do 28 de xuño)
Antonio Alonso Román
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo e Coordinación do Goberno