No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 72, do 20 de abril de 2021, publícáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir as seguintes prazas e postos vacantes no cadro de persoal funcionario e laboral do Concello de Curtis, incluídos na oferta de emprego público de estabilización do emprego temporal para o ano 2020:
– Dúas prazas de administrativo, pertencentes á escala de Administración xeral, subescala administrativa, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
– Tres prazas de monitor deportivo-adestrador, persoal laboral grupo III, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
– Dúas prazas de operario de servizos múltiples, persoal laboral grupo V, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
– Unha praza de orientador laboral, persoal laboral grupo II, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
– Nove prazas de peón do grupo de emerxencias supramunicipal, persoal laboral grupo V, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.
O prazo de presentación de instancias en que se solicita tomar parte na respectiva proba selectiva é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases.
Curtis, 20 de abril de 2021
Javier Francisco Caínzos Vázquez
Alcalde