Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23791

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (SSS 77/2018 MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 77/2018 por instancia de Daniel Faura Villaverde contra Mutua Gallega, o INSS e Servicios de Seguridad Integral y Mantenimientos A-1, S.L., sobre SSS, nos cales se ditou Sentenza con data do 18 de marzo de 2021 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Rexeitar a demanda interposta por Daniel Faura Villaverde fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Gallega e a empresa Servicios de Seguridad Integral y Mantenimientos A1, S.L.. Non procede realizar as declaracións pretendidas na demanda presentada.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación na forma á empresa Servicios de Seguridad Integral y Mantenimientos A-1, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 21 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza