Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23797

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto (ETX 29/2021).

Eu, María Iria Roman Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de titulos xudiciais número 29/2021 deste xulgado, foi ditado Auto o 30 de abril de 2021, contra o cal se pode interpor recurso de reposición no prazo de tres días.

Faise saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na secretaría deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguinte comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Servicio de Podologia Bovina, S.L., Jesus Suárez Díaz e Servicios Hostein Servicio de Podología, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza