Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 12 de maio de 2021 Páx. 23798

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 21/2021).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 21/2021 deste xulgado se ditou auto de aclaración con data do 29 de abril de 2021, contra o cal non cabe recurso.

Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro de devandita resolución na Secretaría deste xulgado.

Advírtese ao destinatario de que as seguinte comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Fermín Group Ibérica, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza