Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 11 de maio de 2021 Páx. 23706

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de información pública (expediente 105/20).

Unha vez presentada por Telefónica Móviles España, S.A. a solicitude de aprobación do Plan de implantación e desenvolvemento de rede de telefonía móbil no concello de Sanxenxo (Pontevedra), de conformidade co disposto no artigo núm. 8 da Ordenanza municipal para a instalación e o funcionamento de instalacións de telefonía móbil persoal e outros servizos de telecomunicación e de difusión, exponse o expediente núm. 105/20 polo prazo dun mes para os efectos de que se poida alegar o que se considere oportuno.

A documentación correspondente poderase consultar a través da sede electrónica do Concello de Sanxenxo, introducindo o seguinte CSV: G1MAHFZGL6K9M89P ou accedendo ao seu taboleiro de anuncios.

Sanxenxo, 26 de abril de 2021

Telmo Martín González
Alcalde presidente