Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 11 de maio de 2021 Páx. 23705

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no polígono POL O30.1 e no PE O29 (expediente 631/2019/273).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 8 de abril de 2021, acordou aprobar inicialmente o documento técnico denominado Modificación puntual do PXOM no polígono POL O30.1 e no PE O29. Documento para a aprobación inicial. Marzo 2021, redactado polo arquitecto Julián B. López Sáenz, por encarga do Concello da Coruña.

En cumprimento do artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 144.6 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente á información pública polo prazo de dous (2) meses, contado desde o día seguinte ao da última das publicación deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar a modificación puntual e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, no punto de información pública, na web de Urbanismo e no visor Desensolvemento do planeamento. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas, logo da cita que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou no enderezo electrónico registrourbanismo@coruna.es

A Coruña, 30 de abril de 2021

A alcaldesa
P.D. (Dispositivo terceiro, letra e) do Decreto 3847, do 27.6.2019)
Juan Manuel Díaz Villoslada
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade