Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 10 de maio de 2021 Páx. 23437

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 101/2021-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 101/2021 por instancia de Marcos García Domínguez contra Construcciones y Derivados Altobello, S.L. e Fogasa, sobre procedemento ordinario, nos cales recaeu a Sentenza do 13 de abril de 2021 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Marcos García Domínguez fronte á empresa Construcciones y Derivados Altobello, S.L., e en consecuencia:

– Condénase a empresa Construcciones y Derivados Altobello, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de tres mil douscentos noventa euros con sete céntimos de euro (3.290,07 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se a recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones y Derivados Altobello, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza