Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 10 de maio de 2021 Páx. 23427

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 313/2021 PM).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedimiento de recurso de suplicación 313/2021 desta sección, seguidos por instancia de Pedro Manuel González Sánchez contra a empresa Fogasa, Transportes Peña Burela, S.A., Frigoríficos Costa Norte, S.A., Trabajos y Servicios Exteriores, S.L., Tamega, S.L., Lucense de Servicios Logísticos, S.L., administración concursal Fisterra TIG, S.L.U., administración concursal Grupo Tamega, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que con desestimación do recurso interposto por Pedro Manuel González Sánchez, confirmamos a Sentenza que con data do 18.9.2020 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número tres de Lugo, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveron as empresa Fisterra Transportes Internacionales de Galicia, S.L.U., Grupo Tamega, S.L., Transportes Peña Burela, S.A., Frigoríficos Costa Norte, S.A., Trabajos y Servicios Exteriores, S.L., Jesús Antonio Amarelo Fernández (como administrador concursal do Grupo Tamega, S.L. e de Fisterra Transportes Internacionales de Galicia, S.L.U.), Lucenses de Servicios Logísticos, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) coº n 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Peña Burela, S.A., Frigoríficos Costa Norte, S.A., Trabajos y Servicios Exteriores, S.L., Tamega, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de abril de 2021

La letrada da Administración de xustiza