Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 10 de maio de 2021 Páx. 23469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 26 de abril de 2021 polo que se notifica a resolución de liquidación definitiva de gastos de execución subsidiaria no expediente IU3/30/2011.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística con data do 29.3.2021 ditou resolución pola que se aproba a liquidación definitiva dos gastos de execución subsidiaria a Mª Jesús Barrul Vargas ditada no expediente IU3/30/2011.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución, mediante o presente anuncio e, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a dita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística