Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 10 de maio de 2021 Páx. 23470

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 17 de marzo de 2021, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Pinturas Marinas Vigo, S.L. de modificación substancial para construír unha nave para realización de reparacións a cuberto de concesión no dominio público portuario de Meira (expediente 13-22-13-C1).

Rubén Pérez Fontán, en nome e representación de Pinturas Marinas Vigo, S.L., solicita a modificación substancial da concesión administrativa para explotación dun varadoiro no dominio público portuario de Meira, para construír unha nave para realización de reparacións a cuberto, segundo o proxecto titulado «Solicitude para instalación de nave lixeira e desmontable na zona de varada do porto de Meira. Moaña, Pontevedra», redactado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Fernando López Mera en decembro de 2020.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Said Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 17 de marzo de 2021

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur