Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 10 de maio de 2021 Páx. 23453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Carballiño (expediente IN407A 2021/36-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública as peticións de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción, e da declaración de utilidade pública, en concreto, que segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA ALB803-derivada a CT 32A175.

Situación: concello do Carballiño.

Características técnicas: substitución na LMT, a 20 kV, ALB803 de 2 apoios de formigón por celosía metálicos tipo C-14/1000 e C-14/2000 e desmontaxe do apoio nº D88-24-B7; instalación 307 m de novo condutor tipo LA-56 no cantón entre o apoio D88-24-B4 e o CT 32A175. A reforma ten a súa orixe no apoio nº D88-24-B3 existente do tipo HV-12/1000 da citada LMT e o final no apoio nº D88-24-B9-CT existente do tipo HV-11/1000.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións dirixidas a esta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez, nº 1-4º, 32071 Ourense, no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta nesta xefatura territorial e no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Ourense, 16 de abril de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Nº de expediente: IN407A 2021/36-3.

Termo municipal: O Carballiño.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA ALB803-derivada a CT 32A175.

Predio nº: 2.

Paraxe: Lameiro Grande.

Cultivo: monte baixo.

Referencia catastral: 32020A060001840000RQ.

Titular: Benita Fernández González.

Afección: 2 m² de ocupación para o apoio D88-24-B5.