Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 6 de maio de 2021 Páx. 23025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2021 pola que se fai público o cofinanciamento de servizos hidráulicos nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, cómpre dar publicidade ás actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indican por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora.

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a plataforma de contratación do Sector Público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2. Obxecto dos contratos.

a) Título: apoio técnico á dirección facultativa na execución da obra hidráulica «OH.136.1167-Instalación do sistema de regulación do caudal ecolóxico na presa de Baiona. Baiona (Pontevedra)».

Clave do expediente: GA.20094.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2 (Servizos de asistencia en enxeñaría civil).

Orzamento base: importe neto: 9.279,08 euros. Importe total: 11.227,69 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 6.995,00 euros. Importe total: 8.463,95 euros.

Empresa contratista: Ain Active, S.L.

b) Título: desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada «OH.136.1167-Instalación do sistema de regulación do caudal ecolóxico na presa de Baiona. Baiona (Pontevedra)».

Clave do expediente: GA.20093.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5 (Servizos de saúde e seguridade).

Orzamento base: importe neto: 5.801,25 euros. Importe total: 7.019,51 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 4.466,96 euros. Importe total: 5.405,02 euros.

Empresa contratista: Eletreintayuno Prevenlab, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2) anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

As actuacións enmárcanse dentro do Programa operativo no obxectivo temático 5 «promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos»; Prioridade de Investimento 5.2 «fomento do investimento para abordar os riscos específicos, garantía de resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvemento de sistemas de xestión de catástrofes»; Obxectivo específico 5.2.1 «fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobres as poboacións, incluíndo Protección Civil»; Actuación 5.2.1.4 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO) «medidas de prevención e xestión das inundacións na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa». Unha maneira de facer Europa.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2021

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm 21, 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia