Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 6 de maio de 2021 Páx. 23028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de abril de 2021 polo que se notifica o acordo ditado no procedemento de reposición derivado do expediente sancionador de clave DH.D15.68829.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas (en diante, LPAC), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase aos membros da comunidade de herdeiros da persoa titular do NIF/NIE 76458427X o Acordo do 10 de marzo de 2021 ditado no procedemento de reposición derivado do expediente sancionador en materia de dominio público hidráulico DH.D15.68829.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial do Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54  41 41 e 981 54 50 87.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2021

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia