Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 6 de maio de 2021 Páx. 22966

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 22 de abril de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, polo que se convocan, para vinculación temporal, diversas prazas de persoal licenciado sanitario.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo) de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Resolución do 11 de decembro de 2018 (DOG núm. 240, do 18 de decembro) da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se publica o pacto subscrito pola Administración sanitaria coas organizacións sindicais CIG, CESM-O`MEGA, CC.OO., UGT e CSIF sobre a selección de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir varios postos de persoal licenciado sanitario facultativos especialistas de área, que se relacionan no anexo.

Segundo. As retribucións dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coa orde anual pola que se ditan instrucións, sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no Rexistro de Entrada da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo, nº 2, Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios de Dirección e na intranet da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Pontevedra, 22 de abril de 2021

José Ramón Gómez Fernández
Xerente da Área Sanitaria Pontevedra e O Sálnes

ANEXO

Especialidade

Grupo

Prazas

Centro

Titulación

Condicións/Requisitos

Pediatría e as súas áreas específicas (Reumatoloxía Pediátrica)

A1

1

Interinidade en praza vacante

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Título oficial da especialidade de Pediatría e as súas áreas específicas

Require certificado de servizos prestados como F.E.A. por período mínimo de 2 anos nos últimos 10 anos, en unidades de Pediatría (Reumatoloxía Pediátrica) e acreditación da Sociedade de Pediatría de formación en Reumatoloxía Pediátrica