Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 5 de maio de 2021 Páx. 22780

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 25/2021).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 25/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Edelmiro Braña Iglesias contra Construcciones Vieiro 13, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2021

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar o executado Construcciones Vieiro 13, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 2.612,98 euros en concepto de principal (1.986,92 euros en concepto de salarios e gastos de desprazamento, 21,42 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil respecto dos conceptos indemnizadores ou compensacións que comportan 210 euros, 604,64 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais, que comportan 1.776,92 euros), máis outros 261,29 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme a presente resolución, proceder á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Vieiro 13, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza