Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 4 de maio de 2021 Páx. 22319

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se publican as subvencións anuais da Comunidade Autónoma de Galicia concedidas ás formacións políticas con representación no Parlamento de Galicia para atender os gastos de funcionamento, no ano 2020.

A Lei 9/2015, do 7 de agosto, de financiamento das formacións políticas e das fundacións e entidades vinculadas ou dependentes delas, establece no seu artigo 31 que a Comunidade Autónoma de Galicia, con cargo aos orzamentos xerais do exercicio correspondente, outorgará ás formacións políticas con representación no Parlamento de Galicia, e que así o soliciten en cada exercicio, subvencións anuais non condicionadas para atender os gastos de funcionamento en que tales formacións incorran no territorio da Comunidade Autónoma. Estas subvencións recóllense expresamente no artigo 2 da Lei orgánica 8/2007, do 4 de xullo, dentro da relación de recursos económicos das formacións políticas.

O artigo 33 da Lei 9/2015 fixa o criterio de repartición da contía da subvención en proporción ao número de escanos e ao número de votos obtido por cada formación nas últimas eleccións ao Parlamento de Galicia. A Resolución da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, do 21 de xaneiro de 2020, fixou, de conformidade co establecido na lei, a contía da subvención que corresponde a cada unha destas formacións políticas no exercicio 2020. Posteriormente e dado que o 12 de xullo se celebraron eleccións ao Parlamento de Galicia, ditouse un nova Resolución do 2 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se fixa a contía das subvencións non condicionadas para gastos de funcionamento das formacións políticas con representación no Parlamento de Galicia despois das eleccións ao Parlamento de Galicia o día 12 de xullo de 2020, e de acordo co artigo 35.8 da Lei 9/2015, a cantidade global que se repartirá entre as formacións políticas que obtivesen representación parlamentaria será a resultante de descontar ao importe da partida consignada na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia o total aboado en concepto de subvencións para gastos de funcionamiento ata a data das eleccións ás formacións políticas presentes no Parlamento de Galicia na súa anterior composición.

Tendo en conta o anterior, as cantidades aboadas no ano 2020 a cada formación política con representación no Parlamento de Galicia foron as seguintes:

Ata as eleccións do 12 de xullo de 2020.

Formación política

Importe subvención

Partido Popular

559.995,99 € 

PS de G-PSOE

202.467,77 € 

En Marea

210.690,65 €

BNG

91.361,80 €

Total

1.064.516,21 €

Despois das eleccións do 12 de xullo.

Formación política

Importe subvención

Partido Popular

504.938,50 €

PS de G-PSOE

189.250,19 €

BNG

241.295,10 €

Total

935.483,79 €

O que se fai publico de conformidade co previsto no artigo 44 da Lei 9/2015, do 7 de agosto, de financiamento das formacións políticas e das entidades vinculadas ou dependentes delas, coa súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2021

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias