Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 4 de maio de 2021 Páx. 22365

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 89/2020, do 22 de maio, polo que se aproba o cambio de titularidade dun treito da estrada provincial EP-5202 Arbo-Embarcadoiro a prol do Concello de Arbo.

Advertido un erro no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 111, do martes 9 de xuño de 2020, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 22651, artigo 1, onde di: «– Treito da EP-5202 desde o punto quilométrico 1+165 ata o punto quilométrico 1+743, de 578 metros de lonxitude», debe dicir: «– Treito da EP-5202 desde o punto quilométrico 1+167 ata o punto quilométrico 1+748, de 581 metros de lonxitude».