Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 3 de maio de 2021 Páx. 22177

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2021 pola que se notifican as resolucións relativas á asignación de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2020 e as resolucións pendentes de campañas anteriores.

Para os efectos de establecer en Galicia o procedemento de solicitude para a asignación de dereitos de pagamento básico procedentes da reserva nacional da campaña 2020, no marco establecido polo Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos de réxime de pagamento básico da política agraria común, publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural, do 12 de febreiro de 2020, pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), con base no disposto nos artigos 23 a 27 do Real decreto 1076/2014, tramitou e informou sobre as solicitudes de acceso á reserva nacional dando traslado dos expedientes á persoa titular da presidencia do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) para a súa resolución.

De acordo co disposto no artigo 27.1 do devandito Real decreto 1076/2014, a persoa titular da presidencia do FEGA comunicou ao Fogga para a súa notificación ás persoas solicitantes a resolución sobre a asignación de solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional.

Así mesmo, tras a análise das diferentes casuísticas na asignación de dereitos non resoltas ata a data, notifícanse as resolucións de asignación de dereitos da reserva nacional pendentes da campaña regulada na Orde da Consellería do Medio Rural, do 10 de marzo de 2015, pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, na Orde da Consellería do Medio Rural, do 6 de febreiro de 2018, pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, e na Orde da Consellería do Medio Rural, do 22 de xaneiro de 2019, pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

Conforme co anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública e notificar na páxina web do Fogga (https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/dereitos_de_pagamento_basico) a resolución da persoa titular da presidencia do FEGA de asignación de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2020 e a notificación das resolucións pendentes de campañas anteriores.

Segundo. Contra a resolución da persoa titular da presidencia do FEGA as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria