Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 30 de abril de 2021 Páx. 22006

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valdoviño

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 13 das normas subsidiarias de planeamento.

O Pleno da Corporación de Valdoviño, en sesión ordinaria celebrada o 8 de abril de 2021, acordou aprobar inicialmente o expediente de modificación puntual número 13 das normas subsidiarias de planeamento do concello de Valdoviño.

En virtude do disposto no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 144 do regulamento desta lei, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Valdoviño, 19 de abril de 2021

Alberto González Fernández
Alcalde