Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 30 de abril de 2021 Páx. 22005

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de suspensión de licenzas en punta do Laño (Aguiño).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 1 de decembro de 2020, acordou a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición para áreas e usos determinados (uso industrial) no plano 5.18 do vixente Plan xeral de ordenación urbana (Aguiño, lugar de punta do Laño), co fin de estudar a súa formulación, revisión ou modificación. Esta suspensión extinguirase, en todo caso, no prazo dun ano.

O que se publica para xeral coñecemento.

Ribeira, 9 de abril de 2021

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde presidente