Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 30 de abril de 2021 Páx. 21957

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa de peche de infraestruturas de distribución de enerxía eléctrica (expediente IN407A 2019/01ATP).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa de peche de infraestruturas de distribución de enerxía eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, nº 9, 27003 Lugo.

Denominación: desmontaxe do CS Dompiñor.

Situación: concello de Ribadeo.

Visado: si, Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia con número de visado 20192871 do 24 de outubro de 2019.

Finalidade da instalación: peche de instalacións.

Orzamento: 1.694,07 €.

Documentación complementaria:

Separata para o Concello de Ribadeo.

1. Normativa de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE nº 68, do 18 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE nº 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 1048/2013, do 27 de decembro, polo que se establece a metodoloxía para o cálculo da retribución da actividade de distribución de enerxía eléctrica (BOE nº 312, do 30 de decembro).

– Lei 21/2013, do 9 de decembro, da Xefatura do Estado, de avaliación ambiental (BOE nº 296, do 11 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo).

– Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

2. As características máis significativas das instalacións recollidas no proxecto técnico denominado desmontaxe do CS Dompiñor, obxecto da solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa de peche, son:

Desconexión e desmontaxe do CS Dompiñor (autorizado co nº de expediente 6936-AT) composto por un edificio prefabricado tipo PFU-4 o cal ten unha cela de liña e unha de interruptor automático.

3. O artigo 39 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, dispón que o peche definitivo de instalacións de distribución estará sometida, con carácter previo, ao réxime de autorizacións establecido no artigo 53 precisando, polo tanto, autorización administrativa previa.

4. O procedemento de tramitación da solicitude de autorización administrativa previa para o peche definitivo dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica axustarase ao disposto no capítulo IV do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

5. En virtude do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Industria, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo é o órgano competente para outorgar a autorización administrativa previa de peche definitivo das instalacións de distribución de enerxía eléctrica cando o seu aproveitamento afecte só a Comunidade Autónoma de Galicia e a súa tensión de servizo sexa inferior a 132 kV.

6. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado e de conformidade co título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, propoño:

Conceder a autorización administrativa previa de peche definitivo das instalacións pertencentes á rede de distribución de enerxía eléctrica de Begasa de características enriba descritas e que se atopan recollidas no proxecto denominado desmontaxe do CS Dompiñor, coas seguintes consideracións:

– De conformidade co establecido no artigo 138 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, o peche definitivo de instalacións solicitado por Begasa implicará o seu desmantelamento e, considerando a planificación proposta, disporá para a súa execución do prazo dun (1) mes contado a partir da data de recepción da presente resolución.

– De conformidade co artigo 155 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, o desmantelamento de instalacións de distribución de enerxía eléctrica comporta a extinción da servidume de paso de enerxía eléctrica, de tal xeito que Begasa deberá comunicar esta circunstancia aos afectados pola dita servidume, se os houber.

– Tal e como dispón o artigo 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, o remate das operacións recollidas no protocolo de desconexión e desmantelamento do CS Dompiñor debe ser comunicado a esta xefatura territorial solicitando a preceptiva acta de peche de instalacións e xuntarase á dita solicitude o certificado do director de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como da regulamentación e normas que sexan de aplicación como é a do tratamento dos residuos que se poidan xerar.

– Obtida a acta de peche das instalacións, Begasa ten a obriga de comunicalo á Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas e á Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, tal e como dispón o artigo 31 do Real decreto 1048/2013, do 27 de decembro, polo que se establece a metodoloxía para o cálculo da retribución da actividade de distribución de enerxía eléctrica.

– En cumprimento do establecido no artigo 138.3 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a resolución deberá ser publicada no DOG e no BOP.

– A presente autorización outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución que non é definitiva en vía administrativa poderase interpor recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación, ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da citada Lei 39/2015, sen prexuízo de que os interesados poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.

Lugo, 20 de abril de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo