Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 29 de abril de 2021 Páx. 21415

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade de cinco encomendas de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar para seren executadas durante os anos 2021, 2022 e 2023.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encomendas coas seguintes características:

1. Resolución do 10 de febreiro de 2021, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, a realización das actuacións no ámbito da planificación espacial mariña elaborada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Mitred) a través dos plans de ordenación do espazo mariño no ámbito da pesca e da acuicultura.

– Actividade: realización das actuacións no ámbito da planificación espacial mariña elaborada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Mitred) a través dos plans de ordenación do espazo mariño no ámbito da pesca e da acuicultura.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 11 de febreiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2022.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación orzamentaria 15.02.723A.604.1 código do proxecto 2016 00287, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %.

2. Resolución do 10 de marzo de 2021, da Consellería do Mar pola, que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, a revisión e avaliación dos traballos técnicos presentados no marco dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Actividade: realización das actuacións de revisión e avaliación dos traballos técnicos presentados no marco dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 11 de marzo de 2021 ata o 31 de maio de 2021.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1 código do proxecto 2016 00287, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %.

3. Resolución do 24 de marzo de 2021, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, a realización do cartografado dos parques de cultivo da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Actividade: realización do traballo de cartografado e xeorreferenciado dos parques de cultivo da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 25 de marzo de 2021 ata o 31 de decembro de 2021.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación orzamentaria 15.02.723A.641.0 código do proxecto 2016 00259, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %.

4. Resolución do 9 de abril de 2021, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar a asistencia técnica na avaliación e seguimento das actuacións de protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos mariños no marco do FEMP.

– Actividade: realización das actuacións relativas á execución polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar de accións de apoio á Consellería do Mar en materias relacionadas coa avaliación e seguimento das actuacións de protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mediante a recollida de residuos mariños.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 9 de abril de 2021 ata o 1 de decembro de 2023.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1 código do proxecto 2016 00287, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %.

5. Resolución do 15 de abril de 2021, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, o servizo en materia de formación correspondente á asistencia técnica na formulación dun programa formativo piloto e coordinación de accións de mellora e capacitación que fomente a aprendizaxe permanente.

– Actividade: realización pola Fundación Cetmar das accións para dar o servizo en materia de formación para asistencia técnica na formulación dun programa formativo piloto e coordinación de accións de mellora e capacitación que fomente a aprendizaxe permanente.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 15 de abril de 2021 ata o 1 de xullo de 2023.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1 código do proxecto 2016 00287, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar