Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 29 de abril de 2021 Páx. 21413

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 23 de abril de 2021 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR651A e MR651B).

A Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR651A e MR651B), fixa como prazo máximo para o remate e a xustificación dos traballos o 30 de abril de 2021.

No entanto, o impacto sen precedentes ocasionado pola pandemia da COVID-19 provocou a declaración da emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e a activación do Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga), polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020, e que para todo o territorio nacional o Goberno decretara o estado de alarma a través do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, que na súa disposición adicional terceira estableceu a suspensión dos prazos administrativos. A devandita suspensión de prazos ocasionou atrasos na resolución das axudas e, por tanto, dificultou a execución dos traballos subvencionados.

Por outra banda, os traballos que recolle a orde localízanse en terreos forestais, en moitos casos de difícil acceso; e hai que sumar a todo o anterior as condicións meteorolóxicas existentes durante o inverno, que dificultaron excesivamente a normal execución destes labores. Así, durante os meses de outubro e decembro de 2020, e xaneiro e febreiro de 2021, as precipitacións rexistradas na Comunidade superaron considerablemente a media dos últimos anos, segundo revelan os informes meteorolóxicos mensuais publicados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Consecuentemente con todo o anterior, esta consellería, no exercicio das facultades conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR651A e MR651B)

A Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR651A e MR651B), queda modificada como segue:

O número 2 do artigo 20 queda redactado como segue:

2. O prazo máximo para o remate e a xustificación dos traballos finaliza o 31 de maio de 2021.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2021

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural