Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 28 de abril de 2021 Páx. 21228

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 7/2021).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 7/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Hayat El Anzouk contra Grupo Ubi Bene, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2021.

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar a executada, Grupo Ubi Bene, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 4.088,63 euros en concepto de principal (3.109,06 euros en concepto de salarios, 979,57 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) respecto da cantidade anterior), máis outros 408,86 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez que sexa firme esta resolución, inscríbase no rexistro correspondente.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer, ante quen dita a resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Ubi Bene, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza