Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 28 de abril de 2021 Páx. 21227

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Pontevedra

EDICTO (ETX 3/2021).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 3/2021 deste xulgado do social, ditouse a resolución que se indica cuxo texto íntegro está ao dispor do interesado na sede do xulgado:

«Decreto do 7.4.2021 contra o cal cabe recurso directo de revisión no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da notificación. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 3599 0000 64 0003 21 da entidade Banco Santander, S.A.

E para que sirva de notificación en forma legal a Xescons Rías Baixas, S.L.U., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 7 de abril de 2021

O letrado da Administración de xustiza