Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 28 de abril de 2021 Páx. 21143

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 16 de abril de 2021 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do CPR A Mariña, de Burela (Lugo).

A titularidade do centro privado (CPR) A Mariña, de Burela, solicita a autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Atención a persoas en situación de dependencia.

Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

Autorizar a apertura e funcionamento do centro privado que se sinala a seguir:

– Denominación xenérica: centro privado (CPR).

– Denominación específica: A Mariña.

– Código do centro: 27020999.

– Domicilio: avenida Arcadio Pardiñas, nº 44.

– Localidade: Burela.

– Concello: Burela.

– Código postal: 27880.

– Provincia: Lugo.

– Titular: Academia A Mariña, S.L.

Ensinanzas que se autorizan:

– 1 CM Atención a persoas en situación de dependencia (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Lugo, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade