Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2021 Páx. 21119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 23 de marzo de 2021 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2020000896 e doce máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou da publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou da publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con domicilio na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2021

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº expediente

Predio

00630-SUNP-12 (Lamas de Abade). Termo municipal de Santiago de Compostela

Purificación Díaz Reboiro e outros

28.1.2021

2020000896

27

01927-Parque eólico de Carracedo. Exp. LU-11/126-EOL

Benedicta Muiña Fernández

28.1.2021

2020000906

14

01945-Itinerario peonil e reforma da intersección na AC-840 p.q. 20,190 a 21,910. Clave: AC/15/066.06. Termo municipal de Curtis

Josefina Matilde Prado Cabado

28.1.2021

2020001106

10

01616-Vía de alta capacidade Carballo-Berdoias. Clave: AC/06/140.01.75-PC

Jorge Alberto Romero Blanco

28.1.2021

2020001136

758 OT

Elena Busto Villar e outro

28.1.2021

2020001224

559 CO

01900-Itinerario peonil e ciclista na

AC-116. Treito: AC-114-Meiras p.q. 6,500 a p.q. 12,030. Clave: AC/16/063.06. Termo municipal de Narón e Valdoviño

Hros. Emilio Franco Vilar

28.1.2021

2020001777

49

01932-Actualizacion do proxecto construtivo de adaptación da

AC-934 ao Plan de baixa imd. mellorada. Treito I: p.q. 12,900 a 17,300. Clave: AC/10/94.02.1.2

Daniel López Vázquez

28.1.2021

2020001158

36

Daniel López Vázquez

28.1.2021

2020001157

23 M

01943-Colector xeral do río Tea. Termo municipal de Salvaterra de Miño

Francisco Monteagudo Rodríguez

28.1.2021

2020001096

143

Francisco Monteagudo Rodríguez

28.1.2021

2020001097

168

01954-Bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para ampliación do Hospital Gran Montecelo

Juan Carlos Domínguez Martínez

25.2.2021

2020001241

22

01961-Ruta ecolóxica de acceso ao contorno natural da illa da Fillaboa. Termo municipal de Salvaterra de Miño

Manuel González Fernández

25.2.2021

2020001282

33

Manuel Martínez Grandal

25.2.2021

2020001279

28