O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de marzo de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Aprobar definitivamente o estudo de detalle das parcelas G e H dentro do ámbito do PERI de Viña Longa, Perillo (Documento R.E. nº 2020017173, do 3.12.2020).
Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.
O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello www.oleiros.org.
Oleiros, 5 de abril de 2021
Ángel García Seoane
Alcalde presidente