Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2021 Páx. 21095

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 5 de marzo de 2021, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres LU-01722-O-2020.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo acordou a incoación do expediente sancionador número LU-01722-O-2020 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase o acordo de incoación ditado á persoa interesada.

Infórmaselle que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficina do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outórgaselle un prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que considere conveniente, presentando ou propoñendo as probas que considere oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 5 de marzo de 2021

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

anexo

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

Denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción

proposta

LU-01722-O-2020

3035-LFH

X6490759K

A oferta de servizos de transporte de mercadorías sen dispoñer do título habilitante exixible para realizalos ou para intermediar na súa contratación, ou levar a cabo esa intermediación incumprindo as condicións legais ou regulamentariamente exixidas para iso, tanto se se realiza de forma individual a un único destinatario ou destinataria ou se fai pública para coñecemento xeral a través de calquera medio.

18.11.2020; 18.44; N-VI; 543,8

Art. 141.7 LOTT

Art. 198.8 ROTT

Art. 201.f) ROTT

Art. 143.1 LOTT

801 euros