Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 27 de abril de 2021 Páx. 21028

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 16 de abril de 2021 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as en ciclos formativos de acuicultura, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PE601C).

BDNS (Identif.): 558726.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españois ou nacionais dun país membro da Unión Europea ou estranxeiro con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa e con dominio dalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, que estean en posesión do ciclo formativo de acuicultura na data de remate do prazo de presentación de solicitudes desta orde de convocatoria e que teñan cursados os seus estudos nalgún dos centros públicos ou privados situados na Comunidade Autónoma de Galicia. Podendo presentarse aqueles/as alumnos/as titulados/as como técnicos/as medios en Operacións de Cultivo Acuícolas/técnicos/as medios en Cultivos Acuícolas e/ou técnicos/as superiores en Produción Acuícola/técnicos/as superiores en Acuicultura.

Segundo. Obxecto

Formación en réxime de empresa tutelada de catro persoas tituladas nos ciclos formativos de acuicultura.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 16 de abril de 2021 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as en ciclos formativos de acuicultura, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PE601C).

Cuarto. Contía

O financiamento destas bolsas farase con cargo ás partidas orzamentarias 15 03 422K 4800 (86.400 €) e 15 03 422K 4840 (6.680 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 2021-2023 que se destinarán ao pagamento das mensualidades dos bolseiros e das cotas da Seguridade Social respectivamente.

O importe bruto mensual de cada bolsa será de novecentos euros (900 €).

O número de bolsas é de catro.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2021

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar