Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 26 de abril de 2021 Páx. 20897

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 207/2020).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral número 207/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Sánchez Suárez contra Doskard 2017, S.L.U., con intervención do Fogasa, sobre despedimento, foi pronunciada sentenza núm. 157/2021 do 16.3.2021, estimando a demanda, e contra a cal cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Doskard 2017, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza