Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 26 de abril de 2021 Páx. 20898

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 248/2018).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 248/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lida Filgueira Ferro contra María Luisa Fernández Gómez, con intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou a Sentenza 162/2021, do 17 de marzo de 2021, en que se estima a demanda e contra a cal cabe interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a María Luisa Fernández Gómez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza