Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 860/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julia Fernández de Rota Irimia contra Bidef Consultoría, S.L.U. e Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a Sentenza do 12 de marzo de 2021 contra a cal non cabe recurso de suplicación, e que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.
Para que sirva de notificación en legal forma a Bidef Consultoría, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 24 de marzo de 2021
O letrado da Administración de xustiza