Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 23 de abril de 2021 Páx. 20645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Padrenda (expediente IN407A 2021/34-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recolle no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro técnico industrial Rubén Francisco Fernández Vayo, colexiado nº 2.880 do Coiti Vigo asinado en marzo de 2021, e con visado nº 22100303 con data do 1.3.2021, do sinalado colexio profesional.

Solicitante: San Miguel 200 Distribución Eléctrica S.L.U., CIF: B32274680.

Enderezo: rúa Coruña nº 20, 36700 Tui, Pontevedra.

Denominación: modificación LMTA Lavandeira (3071-AT).

Situación: concello de Padrenda (Ourense).

Orzamento: 19.300,44 €.

Características técnicas: cambio de traza da LMTA Lavandeira, a 20 kV, de 325 m de lonxitude, entre apoios 3, 4, 5 do proxecto orixinal, en condutor tipo LA-56, con 2 novos apoios de perfiles metálicos. A modificación ten orixe no apoio proxectado C-3.000/20, con coordenadas UTM X: 567.246,60, Y: 4.663.443,46, e final no apoio existente X: 567.089,53, Y: 4.663.667,88 (expediente 3071-AT).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 26 de marzo de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense