Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 23 de abril de 2021 Páx. 20676

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 12 de abril de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0039/2021-PPM e trece máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0039/2021-PPM e trece máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba que concrete os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 12 de abril de 2021

María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0039/2021-PPM

32742431E

Inicio

R/ Compostela 56, 2º esqda., Padrón

PSC-FE-0062/2021-PPM

32796310N

Inicio

Primeira Travesía de Pose 7, 5º esqda, Sada

PSC-FE-0071/2021-PPM

32667596Y

Inicio

R/ Armada Española bl. 24, 4º D, Ferrol

PSC-FE-0073/2021-PPM

79311955C

Inicio

R/ Sada de Area 68, 3º A, Sada

PSC-FE-0078/2021-PRE

32664680B

Inicio

R/ Baterías 35, ptl. 3 D, Narón

PSC-FE-0079/2021-PRE

32634289A

Inicio

R/ Ponte de Caranza ptl. E, 4º D, Ferrol

PSC-FE-0081/2021-ORS

32688094B

Inicio

R/ Armando Cotarelo 7, 1º, Narón

PSC-FE-0082/2021-ORS

32699646V

Inicio

Lg. Cha da Mariña 27, Esmelle, Ferrol

PSC-FE-0086/2021-PRE

79345400T

Inicio

R/ Real, 137 1º B, Ferrol

PSC-FE-0089/2021-ORS

Y7471462H

Inicio

Avda. Ernesto Che Guevara 53 baixo, Oleiros

PSC-FE-0090/2021-ORS

Y7534960J

Inicio

Avda. Ernesto Che Guevara, 53 baixo, Oleiros

PSC-FE-0093/2021-PRE

53302264V

Inicio

Avda. Hermida 15, Culleredo

PSC-FE-0103/2021-PPM

32701550N

Inicio

R/ Loureiro, Barallobre 14, Fene

PSC-FE-0113/2021-PPM

32680618X

Inicio

R/ Cañota 2, 1º esqda, Ferrol