Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 23 de abril de 2021 Páx. 20675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de abril de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai pública a Resolución do 8 de abril de 2021 de autorización do cambio de actividade de forestal a agrícola das parcelas 370 e 373 do polígono 56, do concello de Vimianzo (CFA 114/2019).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña autorizou, mediante a Resolución do 8 de abril de 2021, o cambio de actividade de forestal a agrícola das parcelas 370 e 373 do polígono 56, do termo municipal de Vimianzo. O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental ordinaria e o informe de impacto ambiental foi emitido con data do 29 de marzo de 2021.

A resolución e a documentación complementaria atópanse dispoñibles para a súa consulta na sede electrónica desta Consellería do Medio Rural, a que se pode acceder a través da ligazón seguinte: https://mediorural.xunta.gal/gl/recursos/anuncios

A Coruña, 13 de abril de 2021

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña