Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 21 de abril de 2021 Páx. 20276

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO de notificación de sentenza (PO 509/2018).

Eu, Rosario Cantalejo García, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 509/2018 seguido por instancia de Santander Consumer Finance, S.A. fronte a Medardo Arias Prieto ditouse Sentenza o 21.12.2020, do teor literal seguinte:

Sentenza 240/2020.

En Vigo o 21 de decembro de 2020.

Vistos por min, Flora Lomo del Olmo, os presentes autos de xuízo ordinario número 509/2018, seguidos por instancia de Santander Consumer Finance, S.A., representada pola procuradora Araceli Barrientos Barrientos, e asistencia letrada de Luis Sanjiao García, contra Medardo Arias Prieto, en rebeldía procesual,

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que, estimando a demanda promovida pola procuradora Araceli Barrientos Barrientos, en nome e representación da entidade Santander Consumer Finance, S.A., fronte a Medardo Arias Prieto, debo condenar e condeno este a aboarlle a cantidade de 2.685,77 euros máis os xuros legais correspondentes desde a data da presente resolución, con imposición das custas causadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

E encontrándose o devandito demandado, Medardo Arias Prieto, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 10 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza